Charlas y Conferencias en A Coruña

Obradoiro Cans e Letras

0 votos
Obradoiro Cans e Letras
Obradoiro Cans e Letras

Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Rúa Miguel González Garcés, 1 15008 - A Coruña

Teléfono: 981 170 218 / 981 170 219 / 981 170 230
Web oficial
24 de Octubre de 2017
Horario: 18:00

O programa de lectura con cans de maior éxito no mundo
Cans e Letras: O programa de lectura con cans de maior éxito no mundo
Que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.
Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.
R.E.A.D. naceu en EE.UU. non ano 1.999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah, USA). Os seus creadores "Intermountain Therapy Animals" foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira estreando o programa en Galicia.
Deixámosvos uns vídeos nos que profesoras de Educación Infantil e Primaria contan a súa experiencia co programa.
Para nenos/as . Inscrición previa (formulario de solicitude)
¡¡¡ ATENCIÓN !!! - Non se admitirán as solicitudes presentadas (ou remitidas vía web) antes do martes 17 de outubro, ás 8:30 h.
Martes 24 de outubro. Horario (dúas quendas):
. de 18:00 horas a 19:00 horas
. de 19:00 horas a 20:00 horas
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados