Charlas y Conferencias en A Coruña

Os libros como punto de partida

0 votos
Os libros como punto de partida
Os libros como punto de partida

Museo de Belas Artes

Rua Zalaeta, s/n 15002 - A Coruña

Teléfono: 881 881 700
Web oficial
16 de Enero de 2018
Horario: 20:00

Última conferencia, programada inicialmente para o día 29 de novembro.

Las sinsombrero: "Sin ellas la historia no está completa". Este libro recupera a memoria e os avatares de varias mulleres, artistas e pensadoras da Xeración do 27, que deixaron un legado determinante na historia do noso país. A presentación da conferencia será a cargo do profesor de Historia da Arte e da Cultura Contemporáneas da USC Antonio Garrido Moreno

Tània Balló (Barcelona, 1977) é produtora e directora de cinema. Estudou no Centre d' Estudis Cinematogràfics de Catalunya ( CECC) e cursou un posgrao sobre Documental, Investigación e Desenvolvemento na Universidade de Nova York. Os seus primeiros proxectos foron dúas obras colectivas, 200 Km. (2003), presentada no Festival de San Sebastián, e Entre o ditador e eu (2005), un filme onde varios directores nados tras a morte de Franco reflexionan sobre a súa memoria perdida. Produciu tamén o filme arxentino Infancia clandestina (2013), de Benjamín Ávila, longametraxe de ficción estreado en Cannes. Posteriormente abordou a produción e a codirección, con Serrana Torres e Manuel Jiménez- Nuñez, de Las Sinsombrero (2015) un proxecto transmedia coproducido por TVE que logra ampla repercusión social. O seu seguinte filme documental, Oleg, dirixido por Andrés Duque, estreouse na sección oficial do Festival de Rotterdam 2016.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook