Charlas y Conferencias en A Coruña

Camiños e contos da tradición popular

0 votos
Camiños e contos da tradición popular
Camiños e contos da tradición popular

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Plaza de las Platerías, s/n 15500 - Santiago de Compostela

Web oficial
19 de Mayo de 2017
Horario: 20:00

Actividade para conmemorar o Día Internacional dos Museos a través da narración de contos como concepto integrador de culturas

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades teatralizadas, exposicións e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio.
Neste ano 2017, a temática asignada polo ICOM ó Día Internacional dos Museos é "Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible nos museos", entendendo que estas entidades poden servir de axentes de mediación e reconciliación entre os pobos. Esta proposta pretende crear un espazo de reunión cultural con diversos elementos propios dos mundos hebreo e árabe que, mesturados cos galegos e todas as pezas presentes na Colección do Museo, ofrecen ao público unha visión do MDPS acorde coa súa filosofía integradora e multicultural. A través da música, a danza, os contos e mesmo a gastronomía, a idea é que as persoas que visiten o museo poidan apreciar aspectos positivos que cada unha destas culturas ofrece fronte ao seu aspecto máis controvertido e mediático. Deste modo, búscase achegar ao público as diferentes culturas que teñen cabida nas historias que narra o museo a través da súa Colección con diferentes actividades repartidas nos días 18, 19 e 20 de Maio.
Neste contexto, o Museo programou este contacontos: os contos viaxan e percorren camiños e traspasan fronteiras conectando culturas. O narrador galego Celso Fernández Sanmartín, nese constante peregrinar polos camiños da tradición popular convértese nesta ocasión en mediador entre culturas, revelando segredos e amosando metáforas que o público tratará de desvelar.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Filocafé

Charlas y Conferencias

Filocafé

Lugar: Centro Galego de Arte Contemporánea - Santiago de Compostela

Fecha: 4 de Junio de 2017

Conversas públicas cun enfoque [leer +]