Conciertos en A Coruña

Seoanespace is the Place - Abu Sou

0 votos
Seoanespace is the Place - Abu Sou
Seoanespace is the Place - Abu Sou

Fundación Luis Seoane

Calle San Francisco, s/n 15001 - A Coruña

Teléfono: 981 216 015
Web oficial
17 de Agosto de 2017
Horario: 20:00

Ciclo de concertos no patio da Fundación Luis Seoane de A Coruña

Seoanespace is the Place nace co obxectivo de realizar pequenos encontros de música e arte arredor da figura e a obra de Luis Seoane a través dun percorrido diferente, amplo e dinámico. O propósito destas sesións, que se inseren no marco da Fundación Luis Seoane como unha das sedes dos escenarios do Festival Noroeste Estrella Galicia, consiste en difundir a obra do artista revisando as múltiples facetas da súa traxectoria, tendo como eixo principal a integración de diferentes disciplinas: música, cine, fotografía, pintura, gravado, escultura, edición gráfica e muralismo. A música coordinarase de maneira experimental con imaxes da obra do artista e sons radiofónicos recuperados. A dirección musical deste ciclo de concertos correrá a cargo de Ricardo Ramos (Fatfish).

Abu Sou (DJ - CANELA EN SURCO)
Abu Sou forma parte do persoal da tenda barcelonesa Discos Paradiso case desde os seus comezos, desenvolvendo ao mesmo tempo o seu labor como presentador e director do programa de radio Canela En Surco. Durante anos, Abu Sou centrouse principalmente na busca de música producida no oeste africano, no Caribe e Sudamérica, aínda que nos seus sets sempre intenta mesturar esa paixón co seu gusto por outros estilos, sendo o house e o disco americanos as principais fontes de son nas súas sesións de baile. O seu intento de trasladar a esencia do programa de radio ao club levouno a actuar nun gran número de salas e festivais en todo o Estado (Razzmatazz, Moog, Nitsa, Lanna Club, RBMA Weekender, Bilbao BBK Live, etc.), así como a abrir e pechar sesións para xente como Larry Heard, Floating Points, Terrence Parker, Dj Nature, Andrés, Moodyman, Lena Willikens, Tako e Todd Terry entre outros.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Ara Malikian

Conciertos

Ara Malikian

Lugar: Palacio de la Ópera - A Coruña

Fecha: 22 de Octubre de 2017

"Lucrezia Borgia" de Gaetano Donizetti, [leer +]
Lucrezia Borgia

Conciertos

Lucrezia Borgia

Lugar: Teatro Colón - A Coruña

Fecha: 23 de Septiembre de 2017

"Lucrezia Borgia" de Gaetano Donizetti, [leer +]