Conciertos en A Coruña

Factoría de subsistencia

0 votos
Factoría de subsistencia
Factoría de subsistencia

Sala A Fundación

Av de Toques y Friol, s/n 15809 - Melide

Web oficial
23 de Marzo de 2018
Horario: 23:30

Concerto acústico
A creatividade musical das Rías Baixas e da Limia conflúen neste proxecto de Factoría de subsistencia.

Dúas persoas coas súas propias e respectivas inquedanzas artísticas. Por unha banda Sabela Dacal, ligada ao mundo das artes escénicas, sendo acordeonista-pianista de distintos grupos musicais (actualmente Xestreu e Emilio Rúa) e, pola outra banda, Josito Porto, tamén ligado a ese enganoso mundo das artes escénicas e musicais (din as malas línguas que formou parte de Korosi Dansas e Magritte entre outro proxectos de dubidosa calidade). A complicidade entre os sons da guitarra e do acordeón marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado.

Trátase de aloumiñar os sentidos con palabras e feitos. De parar o tempo con músicas que pasean libres pola nosa cabeza e que sacoden a bandeira da inocencia dos que se negan a vivir en mundos tisnados de gris. Coma luras de bar. Coma supermáns domésticos sempre dispostos a botar unha man ou dúas. Coma un lapiseiro ateigado de cores e listo para empregar nun caderno dun millón de follas. Coma un mago gardando o segredo do seu truco máis fascinante antes da grande noite.

Factoría de subsistencia están cerca da túa orella. Damos volume e preparámonos para a máis fermosa das subsistencias. Trátase diso e sabémolo.

Pasen e vexan. Escoiten.

Subsistiremos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

The Lákazans

Conciertos

The Lákazans

Lugar: Pub Gatos - Melide

Fecha: 20 de Abril de 2018