Conciertos en A Coruña

Guadi Galego

0 votos
Guadi Galego
Guadi Galego

Pazo da Cultura de Narón

Rúa Holanda, s/n 15570 - Narón

Teléfono: 981391144
Web oficial
25 de Marzo de 2017
Horario: 20:00

Concerto dentro da xira de presentación de O mundo está parado

Un novo paso na traxectoria musical de Guadi Galego, que afonda nun son que comezou co seu anterior traballo e que, coa produción de Pachi García Alis, acada unha dimensión propia, única, chea de matices e coa grandeza dunha artista que vén marcando o devir da nova música galega.
Coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal entre outros "O mundo está parado" está cheo da sensibilidade, intensidade e calidade que Guadi Galego persigue sempre nos seus traballos e que presentaráen formato vinilo+cd cunha moi coidada presentación que acompañada da súa música será un aliciente máis para os/as amantes dunha peza única.
Este novo traballo contará cun membro máis na súa formación, Karlos Abal á guitarra acústica, que acompañará á formación habitual de Guadi Galego formada por Guillerme Fernández (Guitarra eléctrica e coros), Paco Charlín (Baixo elécgtreico) e Isaac Palacín (Batería e coros)
Son directo: Manolo Dourado
Iluminación: Daniel Abalo
Produción e Distribución: Culturactiva
Discográfica: Fol Música (Boa MUsic)
Este concerto inclúese dentro da programación da Rede galega de teatros e auditorios. Confiramar datas e horas nos espazos onde se celebra.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de