Espectáculos en A Coruña

Celebración da Noite dos Museos

0 votos
Celebración da Noite dos Museos
Celebración da Noite dos Museos

Museo de Belas Artes

Rua Zalaeta, s/n 15002 - A Coruña

Teléfono: 881 881 700
Web oficial
20 de Mayo de 2017
Horario: 20:00

Visitas e actuacións nun horario especial

Os museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. ofrecen como cada ano un amplo programa con concertos, actividades e obradoiros para todos os públicos, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos o 18 de maio. Este ano a cita desenvólvese baixo o lema "Museos e Historias controvertidas: dicir o indicible nos museos", para salientar a responsabilidade dos museos en promover e comunicar que as coleccións dos museos encarnan os medios da memoria e da representación da historia, tamén daquelas memorias feridas, para poder reflexionar máis aló dos individuos na busca da reconciliación.
O Museo de Belas Artes programou, dentro das actividades para conmemorar esta data, a celebración da Noite dos Museos. A Noite dos Museos é una celebración internacional que promove a apertura nocturna destas institucións
O programa é o seguinte:
- Ás 17:30 h e ás 19:30 h.: Arte en familia
- Ás 18:30 h, ás 20:30 h e ás 22:30 h.: Visita a colección: O Significado dos obxectos
- Ás 22:00 h.: Jazz no Museo, coa actuación de Eduardo Coma Trío
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados