Exposiciones en A Coruña

Paisaxes habitadas

0 votos
Paisaxes habitadas
Paisaxes habitadas

Galería Arte Imágen

Ramón Cajal, 5 bajo 15006 - A Coruña

Teléfono: 981 282 934
Web oficial
del 21 de Abril al 20 de Mayo de 2017

Exposición de Jose Manuel Peña Romay

Baixo o título "Paisaxe Habitada" presento esta nova exposición na galería "Arte Imagen" de A Coruña. A cidade contemporánea é a protagonista de gran parte dos cadros que a compoñen.

Un terreo aboado e fértil en que o meu universo plástico arraiga con forza, na busca contínua de novos territorios a explorar.

Xeometrías, arquitecturas, gamas cromáticas, luz e sombra, volume, personaxes, superposicións de planos e espacios tridimensionais, son algúns dos elementos constantes na miña obra. Realidade e ficción mestúranse, sendo ás veces un todo.

Intento que a mirada que proxecto sexa un crisol onde se produce a alquimia, a maxia. Ver e expresar máis aló do común e do simple e sobre todo lograr emocionar. Ese é o meu obxectivo, tal vez difícil de acadar.

Este recorrido faime deter, con frecuencia, frecuencia, fronte ao mar, cuxa xeometria plana e cuxa forza cromática me atraen inevitablemente.

As acolledoras terrazas do bulevar convídanme a repoñer forzas. Mentres soa a música dos artistas da rúa, que me emociona de novo. E pérdome entre o ir e vir das personaxes que habitan esta paisaxe.

Peña Romay-Paisaxe Habitada
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Domus

Exposiciones

Domus

Lugar: Domus - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]
Casaciencias

Exposiciones

Casaciencias

Lugar: Casa de las Ciencias - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]