Exposiciones en A Coruña

Na Beira

0 votos
Na Beira
Na Beira

Festival Mar de Mares

A Coruña, s/n 15006 - A Coruña

Web oficial
del 19 de Septiembre al 19 de Noviembre de 2017
Horario: De luns a domingo, de 12 a 14 h e de 18 a 21 h

A costa, ese lugar no que conviven o ser humano, a terra e o mar, exerce unha irresistible atracción para Cristina Mittermeier, interesada en estudar a relación que se establece entre estes tres elementos. A fotógrafa percorreu o mundo na busca de espazos nos que o home conserva aínda unha estreita vinculación co océano e, polo tanto, espazos nos que se mantén unha relación de respecto e coidado profundo. Mittermeier conviviu con diversas comunidades indíxenas -en Hawai, India ou Madagascar- que viven do mar e para o mar. Na beira é unha produción do Festival que se presenta por primeira vez na Coruña.

Bióloga mariña de formación, Cristina Mittermeier é fotógrafa, conferenciante e exploradora de National Geographic e fundadora de Sea Legacy, unha organización que loita pola defensa dos océanos, para o que se apoia no poder das historias.

Ao longo da súa carreira, Mittermeier editou 24 libros de fotografía de natureza e publicou artigos nalgunhas das revistas máis prestixiosas do mundo, coma National Geographic ou Time. Foi galardoada co premio Mission Award da Asociación Norteamericana de Fotografía de Natureza, co Smithsonian Conservation Photographer of the Year Award e co Imaging Award for Photographers Who Give Back. É membro da Academia Mundial de Fotografía e Artesá Sony da Imaxe. Recentemente, foi recoñecida pola revista Outdoor Magazine como unha das figuras máis influentes do mundo en fotografía de natureza.

Lugar: Sala de Exposicións Palexco
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Domus

Exposiciones

Domus

Lugar: Domus - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]
Casaciencias

Exposiciones

Casaciencias

Lugar: Casa de las Ciencias - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]