Proyecciones Cine en A Coruña

Fuocoammare / Fuego en el mar

0 votos
Fuocoammare / Fuego en el mar
Fuocoammare / Fuego en el mar

Centro Gallego Arte de la Imagen (CGAI)

Rúa Durán Loriga, 10 baixo 15003 - A Coruña

Teléfono: 881 881 271
Web oficial
21 de Abril de 2017
Horario: 18:00 y 20:30

Fuocoammare / Fuego en el mar
(Italia, Francia, 2016)

Dirección e fotografía: Gianfranco Rosi. Guión: Gianfranco Rosi, Carla Cattani. Con: Pietro Bartolo, Samuele Puccilo. Dur: 108'.

En canto as torres de control dun navieiro xiran sobre si propias en metade dun ceo vespertino, a voz en off dun militar pregúntalle a un interlocutor desesperado cal é a súa posición. Non hai resposta: a persoa que berra do outro lado da radio esvaécese na escuridade do baleiro marítimo. Xa nos primeiros compases de Fuego en el mar, Oso de Ouro no último Festival de Berlín, Gianfranco Rosi deixa clara a súa posición á hora de retratar o drama dos que ousan cruzar en barquiños o tramo do Mediterráneo que une África coa illa de Lampedusa. Entre o achegamento neorrealista á vida dos habitantes das illas e unha plástica que busca a estrañeza e a abstracción dunha paisaxe que se resiste a ser cemiterio mariño, o cineasta italiano afonda no que tal vez sexa un dos grandes conflitos xeopolíticos deste século XXI: os migrantes que foxen da miseria dunhas cantas guerras sen fin e intentan tomar terra nunha Europa fronteiriza. Como poñer a cámara nunha cuestión mil e unha veces repetida nos medios? Como atopar a profundidade sen caer no sensacionalismo? Como achegarse ás historias persoais das persoas migrantes sen se aproveitar da súa dor?
Estes asuntos forman o cerne da aproximación de Rosi, quen non agocha a súa perplexidade perante unha situación desbordante. Apóiase en dous protagonistas que apuntalan a súa visión sobre o problema: Pietro Bartolo, médico da illa e testemuña de traxedias cotiás, e Samuele Puccilo, un inquieto rapaz de 12 anos, a quen non custa recoñecermos como herdeiro dos moitos cativos que poboan o cine italiano, doente de ambliopía, unha diminución da agudeza visual sen causa concreta, metáfora clara e meridiana da incapacidade de ver dunha Europa ausente.
(Paula Arantzazu Ruiz, Cinemanía)
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook