Rutas y Excursiones en A Coruña

Ruta Carlos Casares e Compostela

0 votos
Ruta Carlos Casares e Compostela
Ruta Carlos Casares e Compostela

Praza de Mazarelos, s/n 15703 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 15 al 19 de Mayo de 2017
Horario: Lunes, Martes, Jueves y Viernes 19:30 / Miercoles 20:00

Unha oportunidade para coñecer de preto o escritor a quen se lle dedican as Letras Galegas 2017

'A ruta Carlos Casares e Compostela' é unha oportunidade para coñecer de preto a relación deste escritor ourensán –a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas– coa cidade de Santiago de Compostela.
O comezo desta relación ten lugar cando Carlos Casares chega á cidade en 1962, con vinte e un anos, para estudar Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras. Precisamente a actual facultade de Filosofía e Letras, situada na Praza de Mazarelos, será o lugar onde se inicie este paseo no que, durante unha hora e media aproximadamente, iremos coñecendo a súa vida e a súa obra a través dos lugares que o vincularon a Compostela. Durante o percorrido farase fincapé na súa etapa de estudante, na época de parlamentario, no seu labor na presidencia do Consello da Cultura Galega ou nos aspectos máis salientables que vinculan a súa obra coa cidade de Compostela.
O labor de guía desta ruta será realizado por MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega, responsable da organización e execución dos paseos Compostela (des)crita e As Irmandades da Fala en Compostela que tiveron lugar durante os meses do verán de 2016.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook