Teatro en A Coruña

A noiva de Don Quixote

0 votos
A noiva de Don Quixote
A noiva de Don Quixote

Teatro Colón

Avenida da Marina, s/n 15001 - A Coruña

Teléfono: 981 224 495
Web oficial
27 de Enero de 2018
Horario: 20:30

Traballo unipersoal da actriz Mercedes Castro
Fálase pouco das mulleres do Quixote. Da que máis se fala é dunha que non existiu: Dulcinea do Toboso. A que si existiu foi Aldonza Lorenzo, unha campesiña que coñeceu o fidalgo manchego e que en A noiva de Don Quixote reclama o seu dereito a explicarse, a rebelarse contra o destino real que a súa némesis imaxinada -Dulcinea- preveu para ela.

Sinopse: Unha historia a partir da novela de Cervantes. Aldonza (a protagonista) está cobrando un peso que fai que a novela sexa case unha escusa para que ela fale.

Aldonza oculta cousas. Non conta todo o que sabe nin di todo o que sinte. Fala dende un escepticismo irónico que non pode ocultar unha muller ferida.

Unha muller con peso e con retranca, dura e tenra, nin vella nin nova. E é que Aldonza namorouse de Alonso Quijano o home, non de Don Quíxote o heroe.

E o que morreu foi Alonso Quijano. Don Quixote é inmortal. Como Dulcinea.

Espectáculo da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Ubú Rei

Teatro

Ubú Rei

Lugar: Teatro Colón - A Coruña

Fecha: 28 de Abril de 2018

Traballo unipersoal da actriz Mercedes [leer +]
A noiva de Don Quixote

Teatro

A noiva de Don Quixote

Lugar: Teatro Colón - A Coruña

Fecha: 31 de Enero de 2018

Traballo unipersoal da actriz Mercedes [leer +]