Teatro en A Coruña

Animais de compañía

0 votos
Animais de compañía
Animais de compañía

Centro Civico Cultural de Arteixo

Paseo Balneario, 1 15142 - Arteixo

Teléfono: 981 641 803
Web oficial
1 de Diciembre de 2017
Horario: 20:30

Espectáculo de teatro do Noroeste
Nunha noite como moitas, Fedra e Maxa intentan non levarse excesivamente mal. Fedra é unha cadela maior que non soporta a excitación que Maxa habitualmente ten, porque Maxa é unha gata nova que quere sempre xogar e descubrir novos horizontes. Tanto a unha como a outra foron recollidas pola súa ama, Rebeca, unha actriz nova que, como vivía soa, optou por conseguir compañía. Fedra provén dun refuxio de animais, onde foi parar despois dun recorrido vital amplo e cheo de circunstancias, Maxa é unha gata de rúa que toma a casa de Rebeca como propia co consentemento da titular. Pero entre elas non se levan demasiado ben, simplemente se soportan. Fedra vive cos seus recordos, pasou por moitos donos e habitou en moitos lugares e a súa distracción principal é relembralos. Por exemplo, viviu algúns anos nun galpón á beira da ría, pero o seu dono o malvendeu a uns megociantes de Madrid que fixeron con el un apartamento a pe de praia. Tamén conviviu con outro can "Campión" do que o dono dicía que falaba, pero ela soamente o escoitou ladrar e un par de veces ouvear pero moi de mala maneira. Tamén conviviu cun dono que ía nunha vespa á cidade e a levaba diante, entre as pernas. Cando collía as curvas a pobre cadela estaba sempre a piques de dar de costas no empedrado e tiña que agarrarse coas uñas como se fora mesmamente unha gata doente. Agora sentíase moi tranquila vivindo a conta de Rebeca, porque iso é o que fan os animais de compañía, vivir a conta dos donos. Pero Rebeca era unha boa rapaza, nunca tiña moitos cartos, pero non deixaba de traerlle corazón de vaca que era do que máis gustaba Fedra. Agora víase moi tranquila sentada na terraza a noitiña, pero Fedra era unha verdadeira devoradora de corazóns de vaca. E realmente estaba comezando a preocuparse un pouco porque Rebeca non daba chegado, facía uns días que faltaba da súa casa e iso non era normal, sempre estaba disposta a pasarse a tarde en pixama, sentada no sofá comendo cacahuetes e acariñando o lombo de Fedra, se cadra lle pasara algo malo.
Pola súa banda Maxa era doutra pasta. Primeiro, Rebeca non era a súa ama, era, digamos unha coñecida á que soportaba e coa que convivía naquela casa, maiormente na terraza, porque Maxa entraba pouco na casa, de seguido marchaba polos tellados da cidade e perdíase o seu rastro varios días. Soamente animábase a pecharse en casa a xaneira, cando todos os gatos da cidade andaban tras dela, pero a ela non lle gustaban os gatos, en realidade ela non se sentía un gato, ela setíase un ser humano como outro calquera, simplemente que tiña rabo, pero moitos seres humanos teñen rabo aínda que eles non o recoñezan.
Normalmente Fedra e Maxa non falaban entre elas, de cote facían como se a outra non existise. Era ese comportamento tan habitual nos animais, mesmo nos racionais, convives anos e anos con xente coa que non intercambias unha soa frase, veciños, compañeiros de traballo, de autobús ou mesmo de café na cafetería. Pero hoxe é un día especial, hoxe Maxa e Fedra falan entre si, salvando todas as distancias que a natureza estableceu entre unha cadela maior e unha gata nova.
É que tanto a unha como a outra están preocupadas por a tardanza da súa dona. Ao comezo fan como se non lles preocupara, sobre todo Maxa, pero conforme pasa o tempo a preocupación irá en aumento ata chegar a alarmarse moito.
Pronto descubrirán que posiblemente Rebeca non volva nunca máis, porque a vida, ás veces, é inexplicable, e moi cruel con quen non debe.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas

Teatro

Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas

Lugar: Centro Civico Cultural de Arteixo - Arteixo

Fecha: 28 de Octubre de 2017

Producións Teatrais Excéntricas [leer +]
A cabeza do dragón

Teatro

A cabeza do dragón

Lugar: Centro Civico Cultural de Arteixo - Arteixo

Fecha: 27 de Octubre de 2017

Producións Teatrais Excéntricas [leer +]