Teatro en A Coruña

A cabeza do dragón

0 votos
A cabeza do dragón
A cabeza do dragón

Pazo da Cultura

Rua Pan, s/n 15100 - Carballo

Teléfono: 981 704 300
Web oficial
31 de Marzo de 2017
Horario: 21:00

Producións Teatrais Excéntricas estrea en galego esta peza de Valle-Inclán

Elenco: Ana Sanmartín, Victor Mosqueira, Ivñan Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi, Quico Cadaval
Dirección: Quico Cadaval
A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, "Retábulo de marionetas para educación de príncipes". A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.
Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstruo se queren salvar as vidas e as facendas do reino. Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aqui é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a cuidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a libertade.
Esta fabula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que él creou: o esperpento.
Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de "A Cabeza do Dragón" no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

O mundo máxico de Pinocho

Teatro

O mundo máxico de Pinocho

Lugar: Pazo da Cultura - Carballo

Fecha: 29 de Diciembre de 2017

Musical en A Coruña

Responde a las preguntas y podrás ser el afortunado que acuda acompañado a ver el musical 'Priscilla, Reina del Desierto' en el Palacio de la Ópera
¡No te lo pierdas!

Encuentra los eventos de