Teatro en A Coruña

O mundo máxico de Pinocho

0 votos
O mundo máxico de Pinocho
O mundo máxico de Pinocho

Pazo da Cultura

Rua Pan, s/n 15100 - Carballo

Teléfono: 981 704 300
Web oficial
29 de Diciembre de 2017
Horario: 18.00

Espectáculo de teatro infantil de Educateatro Producións
Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Geppeto.
El é un home con idade dabondo para ser avó pero que nunca tivo fillos. Un bo día chegou ás súas mans un anaco de madeira moi, moi especial, e con todo o seu cariño traballouno ata convertilo nun fermoso boneco, Pinocho.
Geppeto soñaba con que Pinocho cobrara vida. Tan forte e sinceiro era o seu desexo que esa mesma noite a Fada Mimadriña presentouse na súa casa para encher de vida ao boneco e cumplir así o soño de Geppeto.
Pinocho, cheo de vida e desexoso de convertirse nun neno de carne e óso, descubrirá o mundo de camiño á escola. Un camiño cheo de aventuras e desventuras que vivirá xunto con Gato e Raposo. Nunha delas atoparanse cun Circo de Monicreques, que maravillará ao noso protagonista. Un circo gobernado por un maléfico titiriteiro que raptará a Pinocho, vendo nel unha oportunidade para facerse de ouro.Coa axuda da Fada Mimadriña, quen lle ensinará que todo o que soñe será posible con esforzo, ilusión, e un pouquiño de maxia, conseguirá escapar e reencontrarse co seu pai Geppeto.
Ao longo do espectáculo o noso protagonista aprenderá, grazas ao seu nariz, a importancia das boas amizades e que as mentiras non levan a ningures
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook