Teatro en A Coruña

O ferro

0 votos
O ferro
O ferro

Auditorio Municipal de Cedeira

R/ María Mediadora, s/n 15350 - Cedeira

Web oficial
1 de Abril de 2017
Horario: 20:00

Espectáculo teatral a cargo de Teatro del Andamio

Elenco: Gemma Ulloa e Nacho Martín
Dirección: Tatiana Likhavecha
Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís, é un administrativo, que traballa nun banco. Rosa, é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.
Luís e Rosa Teñen unha filla, de quince anos estudando no estranxeiro, unha hipoteca e un coche. Marta, está en Irlanda de intercambio durante o curso para aprender inglés. Falan cada tarde por Skype. Nada especial, todo como en calquera familia normal, en calquera cidade de España.
Pero hoxe, a vida de Rosa vai sufrir un revés e todo vai cambiar para sempre. Hoxe pásalle o ferro a un pantalón do seu marido, e atopa algo no peto: un papeliño "centrifugado" pola lavadora...
¿Que lle oculta a persoa coa que vive dende fai 14 años? ¿quen é agora esa persoa?
Rosa loita entre un terrible medo a enfrontarse á verdade e as fortes ganas de saber... pero ¿cal poderá máis?.
Toda unha historia de vida en clave de humor
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook