Teatro en A Coruña

O servidor de dous amos

0 votos
O servidor de dous amos
O servidor de dous amos

Casa da Cultura

Praza do Mercado, 25 15270 - Cee

Web oficial
18 de Febrero de 2018
Horario: 20:00

Espectáculo a cargo de Talía Teatro
Elenco artístico: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo.

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell'Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell'Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do "espectáculo total", unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell'Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook