Teatro en A Coruña

Helena, xuízo a unha lurpia

0 votos
Helena, xuízo a unha lurpia
Helena, xuízo a unha lurpia

Centro Cultural y Juvenil de Muros

Ctra. de Miraflores, s/n 15250 - Muros

Web oficial
25 de Noviembre de 2017
Horario: 21:30

Revisión contemporánea deste mito de Teatro do Atlántico
Autor: Miguel del Arco
Dirección: Xúlio Lago
Sinopse: Nese espazo no que a nosa memoria a converte en Inmortal, atopàmonos con Helena de Troia, 'a bela Helena', a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris.
Estamos no século XXI. Helena xa non é a bela Helena, senón unha muller con certos indicios que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxia desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos --Aquiles, Ulises--, coa impotencia diante da crueldade da guerra....
A loita pola dignidade, pola xustiza e pola igualdade; a intensa denuncia contra a violencia de xénero e os abusos do poder, completan unha proposta relevante constantemente contrapesada pola ironía, o humor e o sarcasmo de Helena e pola súa expresión irrefreable, fermosa e conmovedora, da enorme paixón que lle inspira Paris; un amor inmenso inzado de tenrura, desexo, loucura, vida.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

Disfruta del concierto de Cantajuego en el Palacio de la Ópera, el 19 de noviembre a las 12.30. Sorteamos 2 entradas y podrás conocer a los cantantes en un 'meet & greet'.
¡Participa!

Encuentra los eventos de