Teatro en A Coruña

Eu queríame casare

0 votos
Eu queríame casare
Eu queríame casare

Casa de la cultura Pintor Llorens

Avda. do Peirao, s/n 15160 - Sada

Teléfono: 981 61 91 15
Web oficial
4 de Marzo de 2018
Horario: 20:00

Espectáculo de Dínamo Teatro
Eu queríame casare é a historia televisada de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor. Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis... menos... unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de pase o tren, pase o arroz e pase... o que teña que pasar.

Coñécense nun destes programas televisivos de "cita a cegas", a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predecibles e pode acabar pasando calquera cousa. Poñanse no peor.

Unha comedia total que conectará con guiños ó público máis novo e ó máis maduro e que permitirá que moitas parellas falen do seu e amañen as súas diferenzas... ou todo o contrario.

Elenco

Pedro Brandariz Gómez
Lucía Veiga López
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook