Teatro en A Coruña

Os soños na gaiola

0 votos
Os soños na gaiola
Os soños na gaiola

SGAE- Sociedad General de Autores y Editores

C/. Federico Tapia, 13 15005 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 11 al 12 de Noviembre de 2017
Horario: 18:00

Espectáculo infantil de monicreques a cargo de Títeres Alakrán
Os soños na gaiola de Manuel María é unha obra de monicreques para público infantil e familiar que supón a homenaxe que Títeres Alakrán e o dramaturgo e director Roi Vidal lle queren facer ao poeta Manuel María, ao que en 2016 se lle dedicaron as Letras Galegas.
O espectáculo déixase levar polo influxo de Alicia no país das marabillas de Lewis Carrol para ofrecer unha mirada nova sobre os poemas do libro Os soños na gaiola co obxectivo de lles achegar aos máis cativos o mundo rural da infancia do poeta chairego.
Un mundo que á pequena Alicia, unha nena urbana da actualidade, lle resulta extraño, mais que acabará comprendendo e amando.
Espectáculo dentro da programación da Rede galega de salas.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Un mundo diferente

Teatro

Un mundo diferente

Lugar: Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal - Santiago de Compostela

Fecha: 28 de Octubre de 2017

Espectáculo de Maxia co Mago Toño [leer +]