Teatro en A Coruña

O Valo

0 votos
O Valo
O Valo

Teatro principal

Calle Nova, 21 15705 - Santiago de Compostela

Teléfono: 981 542 347
Web oficial
del 16 al 17 de Enero de 2018
Horario: 10:00 y 12:00

O Valo Culturactiva
Nos últimos anos o mundo está a vivir unha crecente crise de refuxiados e refuxiadas que foxen da guerra. Cada día hai miles de persoas que deben tomar a decisión máis difícil da súa vida: abandonar o seu fogar na procura dunha vida mellor. Tal e como informan diversos organismos internacionais, estamos a sufrir a maior crise humanitaria desde o fin da segunda guerra mundial. Segundo os datos facilitados por ACNUR, máis de 60 millóns de persoas tiveron que saír do seu país na última década.

As razóns polas cales as persoas migran son diversas e complexas. Hai persoas que se trasladan a outros países para mellorar a súa situación económica ou para continuar a súa educación. Outras vense obrigadas a abandonar o seu país para fuxir de abusos contra os dereitos humanos coma a tortura, a persecución, os conflitos armados, a pobreza extrema e mesmo a morte.

"A xente morre mentras os gobernos gastan miles de millóns en controlar as fronteiras" (Amnistía Internacional)

Ante esta situación, Pallasos en Rebeldía – entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras.

A partir do marabilloso texto de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, O Valo está dirixido por Iván Prado e posto en escena por Saleta Fernández e Fran Rei.

O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade.

Fronte ao pensamento patético e torpe do Soldadiño de Chumbo, que obedece ordes dos seus superiores desde a fe cega no que sempre lle dixeron que tiña que facer, oponse a sensibilidade de Sahara, unha rapaza que foxe da guerra e que recibiu tantos paus na vida que xa poucas cousas poden detela. A forza e a dignidade desta nena refuxiada farán reflexionar ao público en contraste co soldado, cuxo corazón se debate entre a obediencia, que mesmo lle pode levar a matar en nome dunha patria, e a fraternidade que lle impulsa a romper todos os valos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Cranios privilexiados..ou crítica da razón perralleira

Teatro

Cranios privilexiados..ou crítica da razón perralleira

Lugar: Teatro principal - Santiago de Compostela

Fecha: del 24 al 27 de Enero de 2018

Sesión de contacontos con Kids [leer +]
Gina Ginger's birthday party

Teatro

Gina Ginger's birthday party

Lugar: Teatro principal - Santiago de Compostela

Fecha: 27 de Enero de 2018

Sesión de contacontos con Kids [leer +]