Teatro en A Coruña

Un avó especial

0 votos
Un avó especial
Un avó especial

Auditorio Constante Liste. A Ramallosa, s/n 15883 - Teo

Web oficial
20 de Mayo de 2017
Horario: 19:30

Espectáculo de teatro infantil con Migallas Teatro

En"Un avó especial"abórdase o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que moitas familias poden vivir no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da doenza e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.
Á parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia.Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e os medios de comunicación. Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook