En Galician on board, Odaiko fai un percorrido polos ritmos galegos, polas maneiras de tocar e polos instrumentos que naceron sen querelo. Unha tixola, un sacho, calquera instrumento que estivese a man valía para acompañar unha melodía. Odaiko reinventa esa herdanza dos antergos e lévaa aos escenarios. Sonaron percusións alleas onte no centro sociocultural Novacaixagalicia, mais tamén os ecos da tradición.