Os Diplomáticos de Monte Alto levan os seus vinte anos de bravú tamén aos barrios. Viaxaron até Novo Mesoiro como aperitivo da súa participación no festival desta fin de semana no mesmo lugar. A Gran sesión bravú incluiu tamén a presentación de Non temos medo (historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto). Houbo música e tamén cine, xa que se proxectou Chamábanlle Feáns, unha cinta firmada por Omar Rabuñal localizada no propio núcleo tradicional.