Marta Dacosta (Vigo, 1966) leva 20 anos creando poesía en galego. Hoxe presenta na Librería Suévia o seu libro Dun lago escuro, coa participación de Yolanda Castaño. Ás 20.00 horas.

-Na súa obra está moi presente a agua. Por que?

-Ten que ver con criarme á beira do mar e pertencer a unha familia ligada a el, nun principio. O mar sempre foi algo moi presente. Logo, vivindo separada del, sustitúeno as fontes, as correntes... Logo, á experiencia vital, engádeselle a tradición literaria. Na miña obra a auga é orixe de vida.

-O seu imaxinario se nutre de vivencias ou de literatura?

-Bebe de fontes moi diversas. Por exemplo, a combinación entre lendas tradicionais do sur da provincia de Pontevedra e a figura hamletiana de Ofelia, que vexo como maltratada psicolóxica.

-Cal é a forma de abordar temas como o maltrato na poesía?

-É difícil abordalo sen que o poema perda a integridade. É un tema complicado de por si, e ademáis caese no risco de cinguirse á protesta, que ten que estar en equilibrio coa parte de calidade literaria, estílistica e creativa.

-Cal foi a traxectoria da poesía galega?

-Dende a Transición, podemos falar dunha primeira etapa, menos explícita e dende o simbólico, en parte como reacción ante unha corrente anterior que se focalizou na denuncia. Nos 90 volve a atención ao significado do texto. Pero son liñas xerais dun proceso que tería que verse cun século de distancia.

-E a súa propia?

-Co tempo voume desprendendo cada vez máis do innecesario. Esculpo máis o texto. Pero ségueme sendo útil; para min a poesía é imprescindible e infalible.

-Como escritora?

-E como lectora, o texto poético é o que mellor recolle o que busco ao ler. Lemos para entreternos, pero tamén para entender o mundo e atoparnos. A poesía ten capacidade de transmitir e ser terapéutica.

-Dun lago escuro

-Si, a través da imaxe da nadadora que nada boca arriba, mirando un día soleado e de cóstas ás profundidades. Vivimos na comodidade de non profundizar. Tanto no plano persoal como social, critico o conformismo.Un certo grao de conformismo é intrínseco, pero agora hai un control para convencernos de que vivimos no mellor dos mundos posibles.

-Trata moito a idea da tradición feminina.

-Para min esa visión feminina é convición, a de que a muller galega tivo un papel central na preservación da nosa cultura, e unha posición, a de que as mulleres teñen todas as dificultades duplicadas. Pero non vexo conflito en que un escritor escriba cunha muller como protagonista, ou viceversa. Si se todos os protagonistas fosen homes.