Descendente dos afamados cantantes e renovadores do fado, Carlos e Lucília, o portugués Gil do Carmo sacou o seu primeiro disco en 1997. Compaxinando a súa carreira como músico coa xestión da tasca cultural lSpeakeasy, canta ás 21.00 horas deste xoves no Colón os temas da súa cuarta obra, A Uma Voz.

-É o seu primeiro concerto en Galicia?

-Non só en Galicia, senón en España. Ademáis de ser cantor, son tasqueiro, e sempre quixen facer as cousas con calma. Foi preciso que pasara todo este tempo para conseguir ir a España, e comezo por Galicia.

-¿Por esa calma foi pouco prolífico en discos?

-Admiro a quen pode facer varias cousas ao tempo e ben. Eu confeso que non son capaz. A composición e a escrita van decantando do cotidián. Moitas veces, para ir para o estudio e madurar un traballo, teño que ir con vintecinco cancións feitas para peneirar e gravar quince. Preciso de tempo para percibir cal é o camiño.

-Vostede fai unha fusión do fado coas tradicións doutros países lusófonos...

-Respecto os puristas, sanos para preservar a raíz. Mais o futuro da música, da galega, da portuguesa, da hispana, de toda, será a fusión. Só con ela poderá delinarse un camiño para o futuro da música, con todo o respeto para o pasado. Pero buscalo leva tempo.

-O estereotipo do fado é o dunha música pesimista...

-É unha opinión reductora. Durante moitos anos o fado tivo unha imaxen estereotipada. Ten o fado menor, que transmite esa tristeza, pero tamén o fado corrido... En todo o resto do xénero temos cousas que son positivas. Non podo estar de acordo co estereotipo; non estaría a a respetar a miña historia familiar. O meu pai introduciu o contrabaixo, gravou coa orquesta, fixo cousas que non se tiñan feito ata entón? E non foi só el, senón moitos outros homes e mulleres.

-Superouse esa imaxe entre os portugueses máis novos?

-Penso que si. Aí está a importancia das novas xeracións. A imaxe fatalista pasou ao pasado. Hoxe atopas moitos mozos de 15, 16, 18 anos ouvindo fado, algo que hai vinte anos non acontecía.

-A canción portugueza goza logo de boa saúde?

-Ten unha saúde excelente. Estase procurando unha linguaxe do futuro, cos novos compositores? Están acontecendo moitas cousas en Portugal.

-Qué pensa da relación entre a música galega e portuguesa?

-Teño que falar de dous nomes: Uxía, unha persoa que agrega realmente á cultura galega e de Kepa Junquera, que ten un traballo único, particular e moi especial. Con todo o respecto por todos os que non digo. Teño a certeza de que o galego é un público especial e aberto á fusión, vendo toda a que se fai en Galicia.

-Non vivimos de costas entre nós e de cara ao anglosaxón?

-Iso pasa polo mercado. É máis fácil promover un grupo como Maroon 5, que toca cada dez minutos na radio,que a alguén local, que é o que intento facer todos os días no Speakasy con concertos de música de todo tipo.

-É importante para vostede cantar en portugués?

-Fundamental. Non consigo perspectivar o que fago de outro maneira. É a miña raíz, a miña lingua. Eu parto sempre de Lisboa.