Fran X. Rodríguez (Rianxo, 1980), é o director, productor e montador de Ladrones de tiempo, unha curta rodada por completo na Coruña con guión de Marcos Nine que vén de gañar o galardón principal do III Concurso de Cortometrajes Mombasa Gin&Films, que premia obras audiovisuais nas que está presente esta marca.

-Fixo spots

-En canto a narrativa, si, por suposto. Dedícome sobre todo a facer publicidade, e cando te dedicas a algo, márcate. O código narrativo da publicidade dista un pouco do da ficción convencional. Mais partimos dunha idea bastante publicitaria, o concurso convocábao unha marca? Pero tiñamos medo de que se convertera nun spot. Queriamos facer unha ficción e que a mensaxe publicitaria fora un guiño.

-Optou por unha historia cun contido moi emocional.

-Si, claro, por suposto. Esa é a forma de que o espectador se concilie coa marca.

-O protagonista, Santiago Fernández, quedou finalista no apartado de mellor actor. Como foi elixido?

-Tivemos a sorte de que se apuntou de primeiras e estamos encantados con el. Buscabamos un actor con vis teatral, e queriamos darlle á historia un toque moi mímico, que se puidera expresar con andares moi específicos, que xestual e corporalmente contara cousas. Santiago é un crack, un ilustre do teatro galego.

-Durante a maior parte da curta está falando unha voz en off

-Estamos bastante acostumados a esa fórmula no código publicitario. Xogas cunha locución en off que vai contando unha historia que ilustras cos planos. Non quero dicir que foi por comodidade, aínda que en parte tamén foi porque tiñamos un tempo moi reducido e non poderiamos sacar adiante a gravación con audio en directo.

-A curta fala do roubo do tempo, do emprego deste na rutina diaria... Cal foi o xermolo?

-Estou coa miña compañía I Do Visual nun coworking cunha serie de compañeiros que teñen outras empresas, entre elas Bululú, que colaborou na curta. Empezamos a facer brainstorming, e a idea saíu de que queriamos contar unha historia de ladróns. E, cal é o único elemento do que somos realmente donos? O tempo. Se che rouban tempo estás vencido. A partir de aí valoramos se a idea tería cabida, pasámoslle a idea a Marcos Nine e en tempo récord tivo un texto que nos puxo as pilas a todos para empezar a producila.

-A linguaxe audiovisual da curta é moi moderna e rápida. Diría que é televisiva?

-Non, máis ben publicitaria. Pero tamén pretendiamos fuxir un pouco diso. Hoxe en día está máis democratizado acceder aos medios audiovisuais. Non é como hai anos cando tiñas que ter cartos ou unha subvención para alugar unha cámara. Hoxe en día, por un prezo razoable, vas á rúa e gravas cousas.

-Contento polo premio?

-Foi brutal todo. Un subidón. Desde o guión ata a postproducción, todo o proceso foi súper frenético. O principal acerto foi rodearnos dun equipo que se involucrou no proxecto a cambio de nada, que nos cederon o seu tempo de forma altruísta. O que máis valoro deste premio é poder recompensalos cun salario e dicirlles grazas, grazas, grazas

-Colaborou con Dani de la Torre, director de El Desconocido, na curta El DesconocidoLobos

-Cando me chame, encantado. Sigo tendo unha boa relación con el, e traballando cos grandes é onde máis aprendes. Tiven a sorte de poder traballar con xente que é moi boa e da que se aprende moito.