O Burgo acolle estes días as festas do Apóstolo Santiago. Unha oportunidade perfecta para camiñar polo paseo marítimo, preto da ría e perderse nos postos de comida e artesanía. Os actos relixiosos tamén estarán presentes, como cada ano, nestes días de celebración.

Na programación que a comisión de festas do Burgo preparou para estes días na localidade, as verbenas serán as grandes protagonistas. Seis orquestras, unha por cada día, compoñen o cartel deste ano. A París de Noia foi a encargada de abrir as celebracións, seguida o venres da formación Bomba &Band. Desde este sábado ata o martes 26, pasarán polo escenario do Burgo as orquestas New York —unha formación creada este ano—, Galilea, Los Satélites e a formación familiar Fania Blanco Show, que será a encargada de poñer fin as celebracións.

O día previo ao Día de Galicia, haberá sesión vermú coa renovada orquestra Galilea, quen estrea oito cambios no seu plantel e quen tamén amenizará a noite de todos os que se acheguen a O Burgo.

O luns 25, os pasodobles, cumbias, coplas, boleros, merengues e moitos outros estilos de música chegarán a O Burgo da man da clásica e internacional orquestra Los Satélites.

Aínda que as verbenas son o prato forte das festas, tamén haberá churrascada, fogos artificiais e centenares de postos de venta ambulante chegados a Galicia para a ocasión e que permanecerán abertos durante as xornadas (ata as 04.00 horas na fin de semana).

Imponentes atraccións

Ademais das clásicas atraccións destes pasados anos, as festas a Santiago Apóstol no Burgo deste ano contan con dous atractivos que farán as delicias de pequenos e maiores.

Vicente Bañuls e a súa empresa de atraccións móviles VB Grupo, estarán presentes con imponentes estruturas nas festas do Burgo. Trátase da montaña rusa Súper Ratón e de Gigant XXL, dúas novedosas atraccións a nivel mundial. A primeira está adaptada e preparada para toda a familia, a partir de menores de tres anos. Mentres que a segunda é unha atracción espectacular de 65 metros de altura. “O máximo para disfrutar dun subidón de adrenalina nas alturas e voando á velocidade dun avión”, asegura o director da empresa.

Máis prazas de aparcadoiro

O Concello de Culleredo puxo en marcha un plan especial de tráfico

e seguridade ante a previsible chegada de miles de persoas. Segundo o Executivo municipal, habilitáronse máis de dúas mil prazas de aparcadoiro nunha parcela próxima ao Xardín Botánico e no parking do Gadis, empresa coa que suscribiron un convenio de colaboración. Para persoas con movilidade reducida, o Concello creou vinte prazas no parking e na rúa Templarios.

Para facilitar o tránsito a pé, a Policía Local establecerá unha regulación dos pasos de peatóns no entorno do recinto da festa e na avenida da Coruña instaláronse vallas para ampliar o espacio destinado aos viandantes.

A avenida Juan Carlos I permanecerá cortada hoxe dende as 17.00 horas dende a avenida da Coruña ata a rúa Anxo Senra e o mesmo ocorrerá o último día de festas, o martes 26. O sábado, domingo e luns permanecerá pechada ao tráfico dende o mediodía. O Concello recomenda que os asistentes ás celebracións collan a avenida Juan Carlos I e estacionen no entorno do botánico.

En materia de seguridade cidadá, a Garda Civil terá un dispositivo especial, con patrullas de reforzo e o grupo de seguridade rural. Contarán ademais coa colaboración da Policía Local e Protección Civil para calquera requirimento que sexa necesario.