Noticias | Agenda

Ico Rafael Cantante de O Sonoro Maxín, presenta o disco 'Setedezasete' esta noite

"O que nos move como grupo é o amor, sempre lle cantamos a el"

"Falamos dun Ourense que, máis que un lugar, é un momento que vivimos" - "Agora sabemos por onde podemos camiñar xuntos"
18-05-2017 23:01
0 votos
Integrantes de O Sonoro Maxín, con Ico Rafael á esquerda. la opinión

Integrantes de O Sonoro Maxín, con Ico Rafael á esquerda. la opinión

O Sonoro Maxín cumpre este ano unha década de vida, e festéxao co lanzamento do seu segundo disco. Setedezasete, a nova proposta dos ourensáns, chega esta noite ás 22.30 horas á sala Garufa Club, para seguir cantando, como cantan sempre, ao amor, aos problemas e á vida.

- Con Setedezasete andan de aniversario, como medrou o grupo en todo este tempo?

-O noso crecemento ten moito que ver co noso coñecemento dos membros da banda. Agora mesmo sabemos como avanzar como grupo, por onde podemos camiñar xuntos e por onde non podemos ir musicalmente.

- Teñen xirado por Galicia, o resto de España e incluso Europa. Gusta por alí a súa 'cumbia que non é cumbia'?

-É moi chamativo, pero a cumbia si que ten moito éxito alí. Cando chegamos, fomos moi ben recibidos. Ademais atopámonos con moitos galegos que emigraran.

- No disco mesturan ese ritmo de verbena coa reivindicación social, por que decidieron incluír este ton de protesta?

-Mantivemos o noso compromiso social, aínda que desde unha perspectiva positiva. Porque o que realmente nos move como grupo é o amor, sempre lle cantamos a el. Podes falar de namoramentos, pero tamén de amor a certos proxectos. Ás veces falamos de cuestións un pouco complicadas como as que estamos vivindo desde fai anos, e iso fai que sexa máis relevante, pero o certo é que nunca abandonamos o que tiñamos diante.

- Vese por exemplo en Así se constrúe unha bomba , onde falan dos problemas sociais como factores susceptibles de causar unha revolución. A xente está preto de estoupar?

-Non sabemos se estamos preto desa revolución. O que si sabemos é que hai moitas situacións que a xente vive de moi mala maneira, e para nós está claro quenes son os causantes desas situacións. Que estale? Dependerá do tempo e das persoas, pero nalgún momento pasará.

- Aínda así, non todo é reivindicación. Falaba antes do amor, e en Setedezasete vese sobre todo de cara a Ourense.

-Si. Pero falamos dun Ourense que, máis que un lugar, é un momento que vivimos. Un intre composto polos recunchos da nosa xeografía persoal e dos nosos colegas.

- Por exemplo Emilio, o protagonista de Que ben che queda o bigote ?

-O mesmo. Emilio é un amigo de fai tempo e o bigote é un detalle que lle queda realmente magnífico [ri]. Ademais é un tipo guapo, e claro, resalta mais. De todos os xeitos o tema non só fala del, senón tamén da súa marabilla como persoa. E claro, a canción gustoulle [risas].

- Soará sobre todo en verano, a época forte da música en Galicia. Teñen xa a axenda chea?

-Empezamos a tela. Metémonos caña agora en maio polo disco, co que estaremos facendo concertos ata xuño en salas, e agardamos que o verán sexa o mellor posible. Buscamos reservar algunha fin de semana de vacacións, aínda que entre unha cousa e outra estase apertando todo. Pero é por gusto, que é o importante.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

Disfruta del concierto de Cantajuego en el Palacio de la Ópera, el 19 de noviembre a las 12.30. Sorteamos 2 entradas y podrás conocer a los cantantes en un 'meet & greet'.
¡Participa!

Encuentra los eventos de