A praza de María Pita despediuse onte das súas festas recollendo as infraestruturas habilitadas para os concertos de verano. Por elas pasaron durante este mes artistas do panorama galego como Sés, Rosa Cedrón e Xoel López, xunto a outros de talla nacional como Macaco, Miguel Bosé e Jarabe de Palo. Aínda que aprazadas polo loito, tamén soaron nos festexos a Sinfónica e a Banda Municipal, que tocará de novo o 27 en Santa Margarida.