O cineasta Marcos Nine (Arousa, 1977) presentou onte no festival S8 Mostra de Cinema Periférico a súa película La brecha, un proxecto sobre novas técnicas de cine.

-En que consiste La brecha? -Era un proxecto gráfico de Rodrigo Losada (diseñador) que tiña como base xogar con distintos materiais para eliminar os vicios que se collen cando traballas creando. Empezou a xogar con distintos materiales traslúcidos cos que facía pequenos collages en diapositiva que despois proxectaba. A proxeccion conseguía resultados que non se vían a simple vista. Tiña a sensación de que me estaba acomodando un pouco e a película nace como unha forma de poder expresarte pero non tendo o control sobre todo o que fas.

-Que lle parece a S8?

-É dos poucos sitios onde se pode ver unha programación á que non estamos acostumados. O cine que se ve é moi convencional e non hai oportunidades de ver cine alternativo, salvo as cousas que se pasan no CGAI. Na S8, aparte das películas, hai un catálogo de experiencias relacionadas co cine que non teñen nada que ver co que se fai aquí. É unha cita que ten q consolidarse.

-O seu último traballo foi a curta Radiografía dun autor de tebeos, sobre o traballo de David Rubín. Como foi esa experiencia?

-É unha peza que nos deu moitas alegrías, que pasou por 50 festivales e gañou 7 ou 8 premios. Estou moi orgulloso porque David se sinte reconocido nela, é un feedback moi bo porque el leva a curta ás súas presentacións e conferencias para amosar o seu traballo.

-Se lle recoñece máis fóra?

-Se estivera noutro sitio probablemente se me coñecería máis, porque sempre ensinas máis as pezas fóra. Sempre se tende a valorar máis o de fóra que o da casa, pero eu estou bastante contento, quizais porque gracias ó éxito noutros festivais coma o de Málaga empezaron a chamarme de aquí.