Fin de semana grande na capital do cocido
A festa gastronómica acada este domingo a súa 56 edición » A poeta compostelá Yolanda Castaño será a pregoeira neste 2024
M. González
Todo preparado na cabeceira comarcal dezá para a celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín. Declarada de Interés Turístico Internacional no ano 2020, a cita gastronómica chega a unha nova edición despois de semanas de promoción e actividades ao abeiro da festa con máis sona da comarca.
Lonxe queda aquel 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran o Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.
Daqueles concellos, o de Lalín decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocio, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato rei da cociña galega. Como cada domingo anterior ao Entroido, Lalín convertese novamente no epicentro da gastronomía, nun fervedoiro de xente que encherá rúas e prazas durante o día grande.
A partir das 10:30 horascomezarán os actos oficiais no concello. Ás 12:45 horas será o pregón, e tras el, o tradicional desfile de carrozas, charangas entroidos tradicionais e agrupacións musicais.
- Tráfico, a la caza de los avisos en redes: Galicia pone las dos primeras sanciones de España
- Homenaxe do PP a Luísa Villalta na Coruña
- Roberto Cibeira: “No es lo que queramos, es lo que nos pide la ACB, y eso nos empuja al Coliseum”
- Los dueños de la única casa afectada por el plan de Veigue: “Ha sido un ‘shock’ tremendo”
- La Alta Velocidad que viene a A Coruña
- Lucas en Land Rober: de Iago Aspas y Kiko Rivera a Touriñán
- Fiebre naranja: más de 2.000 abonos en 24 horas
- Fernando Soriano: “Confeccionaremos una plantilla en la que la cantera tendrá protagonismo”