Rutas y excursiones

O Eco-Museo

0 votos

A Coruña - A Coruña
Alexandra Moledo Carral ofrece unha ampla oferta de ocio, cultura e deporte baseada na riqueza e a variedade de entornos naturais como o espacio natural protexido de Cecebre, [..]

Alexandra Moledo

Carral ofrece unha ampla oferta de ocio, cultura e deporte baseada na riqueza e a variedade de entornos naturais como o espacio natural protexido de Cecebre, o monte Xalo, o río Barcés, o Val do Barcia e o Eco-Museu da Costa da Egoa. Para desfrutar desta oferta o Concello dispón varias posibilidades e servicios como sendeirismo, cicloturismo, rotas a cabalo, hostalaxe convencional e rural, gastronomía e pubs.O municipio coruñés atópase ben situado preto de importantes zonas de mar e praia como A Coruña, As Mariñas ou Bergantiños.

A costa da Egoa

O Eco- Museo de Carral da costa da Egoa está constituido por catorce muíños de auga e unha pequena central hidroeléctrica, cuias orixes se remontan ao século XVIII. Trátase dun complexo hidráulico vencellado á forza desenvolvida pola auga do río Abelleira no seu descorrer polo Val do Barcia.

O espacio do complexo son as ribeiras do río e os seus materiais son os muíños, as canalizacións e a propia natureza que crean un ámbito aberto de forma permanente a calquera visita e totalmente sinalizado. Este Eco-Museo ten gran sona no Concello de Carral, tanto pola beleza da súa paisaxe natural,como polo seu gran interese tecnolóxico e histórico.

Nas montañas a forza da auga move os muíños, erosiona as rochas de xisto e no val deposítase a erosión creando campos productivos cuias colleitas eran procesadas nestes muíños. A erosión configura espacios espectaculares como os cañóns con paredes rectas a 100 metros de profundidade ou a fervenza de Batán, con máis de 150 metros de desnivel, na que o río ocupa só a metade do cauce deixando ver antigas pegadas erosivas.

Parte dos muíños están ubicados nun treito menor de 350 metros intercomunicados por canles de conducción, polos que discorre a auga para mover unha ducia de motores hidráulicos. A pesar do seu deseño simple, en conxunto presentan unha complexidade similar ás construccións de mar e vento, consideradas estructuras maiores.

Nos inicios do século XX, este saber tecnolóxico popular preindustrial posibilitou a creación dunha pequena central hidroeléctrica, introducindo unha técnica propiamente industrial, na que a enerxía eléctrica trifásica xerada se utilizaba para alimentar motores industriais nos novos muíños e o movemento da auga aproveitase para crear enerxía cinética e eléctrica.

Estes muíños teñen gran importancia histórica porque son o cerne do pan de Carral pois era onde se moía para os fornos de Herves e xa eran citados no catastro do Marqués de Ensenada de 1752. O entorno está cheo de historia, a carón do antigo camiño para Santiago polo que pasou o Padre Sarmiento. Nas súas obras, o escritor nomea este lugar ademais do castro de Herves, as minas de Teixoeiras e obras de enxeñería como a ponte das Travesas ou de arquitectura como a capela de San Pedro de Rubieiro ou o Pazo das Cadeas

Os catorce muíños son de diversa tipoloxía e complexidade técnica, xa que o suministro de auga pode ir por canle ou por pozo. Tamén hai pozos compartillados e muíños duplos que sufriron cambios estructurais coa introducción de novos materiais a principios do século XX como o cemento.

A visita ao Eco- Museo é gratuita pero as actividades concertadas son de pago e se se vai en grupo hai que reservar con tempo. No centro pódense ver demostracións do funcionamento dunha dinamo hidroeléctrica e do proceso de moaxe dun muíño. Tamén haberá seminarios de formación sobre conservación do patrimonio e poderase desfrutar de paseos a cabalo e rotas de sendeirismo e cicloturismo.

Galería de fotos

Encuentra los eventos de