Actos religiosos en A Coruña

Festividade da Virxe de Guadalupe

0 votos
Festividade da Virxe de Guadalupe
Festividade da Virxe de Guadalupe

Praza Castelao, s/n 15920 - Rianxo

Web oficial
del 7 al 14 de Septiembre de 2018

Nestas festas únese o culto relixioso e as celebracións populares, converténdoa nunha das máis populares de Galicia
En 1854 a peste de cólera que sufriu Galicia apenas tivo incidencia en Rianxo, o que as súas xentes atribuíron á protección da Virxe de Guadalupe, a virxe negra máis popular de Galicia, cuxa imaxe é una réplica feita en cartón pedra en 1773 exacta da de Estremadura.

Ao culto relixioso uniuse entón a festa popular e organizouse unha procesión marítima coa Moreniña embarcada nun veleiro e acompañada por un cento de embarcacións tradicionais. Este segue a ser actualmente o acto central da festa. Participan nel máis dun centenar de barcos de todo tipo –algúns deles a disposición do público–, engalanados con bandeiras e grilandas multicolores e, alén de constituír a grande ocasión dos rianxeiros de reencontrarse cos seus familiares e amigos no final do verán, ten acadado unha gran proxección no exterior debido á súa vistosidade e emotividade.

Protectora das xentes do mar de Rianxo, a imaxe da Virxe de Guadalupe é sacada do seu santuario e levada en procesión ata un barco engalanado. E cando chega á altura do Paseo da Ribeira o público ve á Virxe igual que unha pescantina de Rianxo –camiñando descalza pola area, como as que introduciron as xoubas nos mercados máis importantes de Galicia– e entoa ao unísono a popular canción galega, A Rianxeira, que di: A virxe de Guadalupe/ cando vai pola ribeira,/ descalciña pola area/ parece unha rianxeira./ Ondiñas veñen/ ondiñas veñen e van/ non te embarques rianxeira/ que te vas a marear.

Unha copla que naceu hai 50 anos da nostalxia dos rianxeiros de Bos Aires pola súa terra. Ao longo dos días de festa adoita entoarse na medianoite, e o último día, entrada a madrugada, protagoniza un emocionante peche festivo, cando a multitude concentrada na verbena na Praza de Castelao volve cantala, con música de tres ou catro orquestras e luces de bengalas.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteos

El próximo sábado, a las 20.30, se disputa el Deportivo - Real Oviedo y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

Les Luthiers visitan A Coruña, del 27 de noviembre al 1 de diciembre, y en LA OPINIÓN te invitamos a  disfrutar del espectáculo 'Viejos Hazmerreíres' en el Palacio de la Ópera.

Disfruta del espectáculo 'HISTORY OF ROCK' en Palexco el viernes 23 de noviembre. Sorteamos 18 entradas.

Encuentra los eventos de