Charlas y Conferencias en A Coruña

Obradoiro Cans e Letras

0 votos
Obradoiro Cans e Letras
Obradoiro Cans e Letras

Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Rúa Miguel González Garcés, 1 15008 - A Coruña

Teléfono: 981 170 218 / 981 170 219 / 981 170 230
Web oficial
21 de Abril de 2018
Horario: 12:00

Programa de lectura con cans
Volvemos con Cans e Letras: o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo

Que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica vai moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do neno: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.

Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.

R.E.A.D. naceu en EE.UU. non ano 1.999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah, USA). Os seus creadores "Intermountain Therapy Animals" foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira estreando o programa en Galicia.

Nora é a estrela canina que nos acompañará ese día coa lectura. Nora é unha cadeliña moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento. Pica no seu nome e poderás coñecer moito máis sobre a súa vida, os seus gustos...

Deixámosvos uns vídeos nos que profesoras de Educación Infantil e Primaria contan a súa experiencia co programa.

. Dalila, Directora del CEIP Virgen de la Paz, en Collado Mediano (Madrid)

. Nerea, Directora del CEIP Infantas Elena y Cristina, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)

. Gema, Profesora Aula TEA del CEIP Teresa de Calcuta, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)

12 prazas. Inscrición previa no formulario de solicitude

¡¡¡ ATENCIÓN !!!

. Non se admitirán as solicitudes presentadas (ou remitidas vía web) antes do sábado 14 de abril, ás 8:30 h.

. O día anterior á actividade avisarase por teléfono só aos admitidos

. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, terán preferencia os usuarios con carné da biblioteca

Sábado 21 de abril. Horario (dúas quendas):

. 12:00 horas

. 13:00 horas
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Sorteo

En diciembre de 2018 el Circo del Sol representará su espectáculo OVO en A Coruña. Para celebrarlo en La Opinión sorteamos un pack de productos del mismo (taza, lámpara y bolsa)
¡Participa!

Encuentra los eventos de