Conciertos en A Coruña

Odaiko Mar Adiante

0 votos
Odaiko Mar Adiante
Odaiko Mar Adiante

Rúa peonil, s/n 15390 - Boiro

Web oficial
17 de Mayo de 2018
Horario: 12:00

Espectáculo musical e teatral
Os preparativos do barco antes de botarse ao mar, a presentación e designación de Xosé Lois como capitán, o recibimento do público-tripulantes do Arroás e a chegada da mestra María Victoria suceden na na cuberta do barco-escola o Arroás.

A acción sitúase nun barco, nun tempo distante, para sacar ao espectador da vida cotiá e facelo voar coa imaxinación nunha navegación por alta mar. A escenografía consiste nun barco visto de fronte, que se representa cunha cabina de mando en dous andares, quedando a zona do temón sen cubrir. Na parte inferior ábrense dúas xanelas de ollos de boi e portas. A unión da parte inferior coa superior farase cunha escada vertical.

Xogos clownescos de persecucións, golpes e caídas que suceden nos dous andares da cabina de mando, fan suceder as accións.

O barco, constitúe un enorme instrumento de percusión: o temón é unha carraca, as xanelas de ollo de boi son dous tambores, a escada está feita con caixas chinas e os tubos comunicadores son trompetas. Instrumentos que se irán descubrindo ao longo da historia e que soarán en solitario ou acompañando as melodías da marimba, presente na cuberta do barco.

Begoña Lorenzo é a mestra María Victoria Moreno.

Inacio Vilariño é o carpinteiro de ribeira Miguel.

Juan Collazo é o capitán Xosé Lois.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Berlai

Conciertos

Berlai

Lugar: A Pousada das Animas - Boiro

Fecha: 10 de Noviembre de 2018

Concerto de jazz a cargo de Aló [leer +]
Handle with swing

Conciertos

Handle with swing

Lugar: A Pousada das Animas - Boiro

Fecha: 3 de Noviembre de 2018

Concerto de jazz a cargo de Aló [leer +]