Conciertos en A Coruña

Xacobe Martínez Trío

0 votos
Xacobe Martínez Trío
Xacobe Martínez Trío

Casa das crechas

Vía Sacra, 3 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
11 de Octubre de 2018
Horario: 21:00

Concerto de jazz en formato trío
Novo traballo do contrabaixista galego, neste caso en formación de trío, articulado sobre composicións orixinais de Xacobe. Todas as composicións, así como a produción, corren a conta de Martínez Antelo, que controla todos os cabos. O que noutras formacións, como Sumrrá, se adiviña que pode vir da súa achega, aquí queda perfectamente definido. Ten Martínez unha pulsación potente que lle gusta coordinar perfectamente coa batería, que produce continuamente unha sección rítmica implacable, denominador común do chamado jazz nórdico (non de España senón de Europa).

Comeza o disco con Libertas e xa deseguido queda claro que o contrabaixo ten cousas que dicir, co fraseo do segundo minuto. En Ursus Arctos volve a suceder. Por outra parte o saxofón de Pablo Castaño goza da liberdade próxima ao free e, ao tratarse dun saxo alto e por tanto traballar mellor os agudos, en temas como Music to the People consegue espazos dun brillo auténtico.

O batería é Max Gómez, un home incansable cos seus repiques ou os seus traballos nos pratos. Este estilo permítelle destacar o seu son sen precisar os solos: en toda a parte central de Control do pánico, o xogo entre Martínez e Gómez é o de dous homes que parece que vaian ao seu aire, pero que están engarzando fío tras fío para construír un poema.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Adrián Costa

Conciertos

Adrián Costa

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela

Fecha: 26 de Abril de 2019

Los Auténticos Decadentes es una [leer +]
Los Auténticos Decadentes

Conciertos

Los Auténticos Decadentes

Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela

Fecha: 27 de Abril de 2019

Los Auténticos Decadentes es una [leer +]

Sorteos

El jueves 25 de abril, el joven compositor y guitarrista Said Muti, artista invitado de figuras de la talla de Elton John y Vetusta Morla, llegará a la Sala Le Club de A Coruña. 

Encuentra los eventos de