Cursos y Seminarios en A Coruña

Obradoiro infantil: Taller de cómic I

2 votos
Obradoiro infantil: Taller de cómic I
Obradoiro infantil: Taller de cómic I

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Plaza de las Platerías, s/n 15500 - Santiago de Compostela

Web oficial
23 de Noviembre de 2019
Horario: 12:00

O Museo das Peregrinacións e de Santiago continúa coa segunda edición de Museo en familia para os sábados de outubro, novembro e decembro, neste caso cun obradoiro infantil sobre cómic.
O MDPS pon en marcha un programa de actividades para converter o Museo nun espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención ao público infantil e o seu entorno familiar, chamado Museo en familia, durante os sábados de outubro, novembro e decembro.
Este sábado é a quenda dun obradoiro que consistirá na realización dunha páxina de cómic sinxela e autoconclusiva para que os nenos e nenas se familiaricen co medio, coa narrativa (os diferentes planos) e os seus recursos (onomatopeias, liñas cinéticas, etc…) dunha maneira sinxela e divertida.
Desenvolverase en dúas xornadas de 1h e 30 min cada unha.
Taller de Cómic I: Breve introdución, nocións básicas e debuxo a lapis.
[Inscricións para os obradoiros na recepción do Museo ou chamando ao 881.867.401]
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados