Cursos y Seminarios en A Coruña

Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital

0 votos
Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital
Rol na biblio: unha alternativa ao ocio dixital

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal

Av. de Xoán XXIII, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
8 de Noviembre de 2019
Horario: 18:00

Actividade coordinada por Pablo Fernández Otero. Mestre do ensino público e afeccionado aos xogos de rol
Se te atreves a explorar as Terras Descoñecidas prepara os dados e mergúllate con nós na aventura!

Sesións ao xogo de rol de 2010 Aventuras en la Marca del Este (retroclón da versión de 1983 de Dungeons & Dragons) de entre 90 e 120 min. de duración en venres alternos.

Os obxectivos desta actividade son:
1. Dar a coñecer os xogos de rol de mesa ás novas xeracións.
2. Expor alternativas viables ao ocio dixital por medio dunha actividade analóxica, multixogador e cooperativa.
3. Facer agromar a afección.
4. Que a propia afección provoque a difusión e promoción da lectura, facendo fincapé, neste caso e polo de agora, na literatura de Fantasía.

Poden xogar ata 6 participantes de 9 a 14 anos.

Sala infantil da biblioteca. A participación faise por estrito orde de chegada.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados