Espectáculos en A Coruña

A banda da loba

0 votos
A banda da loba
A banda da loba

A Fundación, s/n 15800 - Melide

Web oficial
14 de Agosto de 2020
Horario: 20:20/22:30

A banda dá Loba é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado en decembro de 2017. En marzo de 2018 gañaron o certame aRi[t]mar de música galega portuguesa.

No verán de 2016 xuntáronse Xiana Lastra, Andrea Porto e Marcela Porto para comezar a crear o seu proxecto. Posteriormente, uníronse ao grupo Inés Mirás e Ronsel Rodríguez, completando a formación musical. Cada unha das cinco compoñentes teñen unha historia musical diversa, dotando ao grupo dunha música variada e caleidoscópica.

Andrea Porto, desde pequena estivo afeita convivir coa música. Con oito anos comezou a estudar guitarra clásica no conservatorio. Tocou na rondalla do seu colexio e ao mesmo tempo mantivo contacto coa música tradicional, bailando, tocando a pandeireta e a gaita. Máis adiante descubriu outros estilos de música moderna, pop, rock... Empezou a tocar o baixo nun grupo, atopando outra perspectiva da música. Tamén lle gusta compoñer e escribir poesía.

Marcela Porto naceu nunha familia onde a música sempre estivo presente. Quixo tocar o violín pero a súa irmá Andrea que tocaba a gaita naquel tempo, convenceuna para ir con ela a clases e tocar o tambor. Finalmente, decidiu seguir os estudos de percusión no Conservatorio Superior de Música de Oviedo. Anteriormente xa tocara a batería noutros grupos e nalgún combo de jazz, pero nunca nunha banda na que ela fose a batería como na Banda dá Loba.

Inés Mirás comezou os seus estudos musicais na Escola Municipal de Ordes aos sete anos. O clarinete e o piano foron os seus primeiros instrumentos. Estivo en varios centros de estudos ata que chegou ao Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, onde estudou guitarra. Durante un tempo tocou o baixo en varias bandas. Agora toca a guitarra, os teclados e outros instrumentos na banda.

Ronsel Rodríguez tivo claro desde moi novo que quería estudar violín. Aínda que non proviña dunha familia con tradición musical, quixo e foi estudar ao conservatorio. Tivo algún grupo cando estaba no instituto, antes de iniciarse na música clásica. Participou en varias orquestras coas que adquiriu moita experiencia ata que chegou A banda dá Loba.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Ghaveta en concerto

Espectáculos

Ghaveta en concerto

Lugar: A Fundación - Melide

Fecha: 23 de Octubre de 2020

Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado [leer +]

Espectáculos

Cría fama e bótate a correr

Lugar: A Fundación - Melide

Fecha: 16 de Octubre de 2020

Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado [leer +]