Espectáculos en A Coruña

Voa, voa

0 votos
Voa, voa
Voa, voa

Centro Cultural y Juvenil de Muros

Ctra. de Miraflores, s/n 15250 - Muros

Web oficial
9 de Agosto de 2020
Horario: 21:30

A primeira actividade do FalaRedes 2020 foi creada para os máis pequenos da casa, pero fará as delicias de toda a familia.
Da man de Talía Teatro presentamos Voa, voa, unha peza pensada para relembrar e divulgar a arte de xogar coas palabras; para animar a nais, pais, avoas e avós a relembrar os seus xogos de infancia e o vocabulario que neles había e enredaren coa xente miúda de hoxe empregando os ditos, retrousos, xogos de man... que chegaron a eles transmitidos xeración tras xeración e cos que tanto se divertiron de pequenos.

Voa, voa, que conta cunha axuda á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, estará este verán en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook