Espectáculos en A Coruña

Elisa e Marcela

0 votos
Elisa e Marcela
Elisa e Marcela

Cine Alovi

Avda, Galicia, s/n 15320 - Pontes de García Rodríguez

Web oficial
8 de Noviembre de 2019
Horario: 21:00

Espectáculo teatral a cargo de A Panadaría
Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. Coprodución da Panadaría co Centro dramático Galego, a Deputación de A Coruña, Concello de Vimianzo e o Concello de Rianxo. Mellor espectáculo nos Premios María Casares 2018 e tamén mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista ( Areta Bolado) nos mesmos premios. Premio Luisa Villalta para iniciativas culturais pola igualdade. XIV Premio LGBT Marcela y Elisa entregado polo colectivo ALAS A Coruña. Pemio do público MIT de Ribadavia 2018 e Fetega do Carballiño 2018. Premio ex aequo a Mellor Actriz ( Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman) no FETEGA 2018.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook