Espectáculos en A Coruña

Momboi+Astrogirl

0 votos
Momboi+Astrogirl
Momboi+Astrogirl

Pub Sonar

Rúa Mazarelos, 4-5 15703 - Santiago de Compostela

Web oficial
28 de Febrero de 2020
5 euros
Horario: 22:00

Astrogirl é Mariaje Cabana, autora e cantora de cancions pop clarescuras con toques folk e un universo sonoro moi persoal, evocador e suxerente. Unha proposta honesta que nace da alma de Mariaje e viaxa directa cara as almas do seu público, mecendoas e transportandoas nunha viaxe chea de misterio e corazón.
As suas letras conectan co mundo interior do ointe e lévano a descubir lugares de sí mesmos aos que non sempre se ten acceso.

En 2019 saiu ao mercado o seu LP TORO; un traballo maduro e redondo de atmósferas pop con certo aire máxico e evocador de estados de ánimo que reflexa á perfección o universo Astrogirl.

O pasado mes de xaneiro publicouse en plataformas dixitais o seu novo single, "Salve Serpiente", que conta coa colaboración de Nacho Vegas e expresa un diálogo sobrecolledor e macabro coa Morte, interpretada de forma impecable polo artista asturiano.
--------

Momboi é unha banda de folk/rock latin. Parte da inquedanza e o gusto pola música de raíz latinoamericana. A súa idea é combinar alguns destes ritmos con outros sons vintage do rock 'n roll e mesmo da tradición galega. Boa conta destas influencias dan en Ofrenda, o seu EP debut, onde podemos atopar ademais de mestura musical, letras que se moven entre o relixioso, o espiritual e como non, o amor.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook