Espectáculos en A Coruña

Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román

0 votos
Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román
Atardecer no Gaiás 2020: Fon Román

Atardecer no Gaiás

Plaza Exterior, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
9 de Julio de 2020
Horario: 21:00

Concerto do ex guitarrista e compositor de Los Piratas.
O ex guitarrista e compositor de Los Piratas volve á escena tras oito anos de pausa para presentar o seu fermoso e persoal álbum en solitario 'La chispa, la llama y el humo', onde se amosa a corazón aberto.

'La chispa, la llama y el humo' é unha homenaxe á vida nas súas diferentes fases: o inicio (La chispa), o tempo que pasa (la llama) e o que se extingue (el humo). Tres símbolos que alicerzan un disco minimalista e sobrecolledor no que expón unha ollada nova e serena, arroupada por unha musicalidade na que siguen presentes as súas coidadas guitarras, mesturadas incoscientemente con outros ritmos. Toda unha boa nova este regreso imprescindible.

Velaquí unha nova edición de Atardecer no Gaiás! Urxíanos pórlle música aos solpores do verán, aínda que esteamos nun estío diferente. Por iso, o ciclo de concertos de balde ao aire libre da Cidade da Cultura adáptase nesta ocasión ao que 'a nova normalidade' nos esixe; formatos máis pequenos reducindo a capacidade de asistencia para gozar desta experiencia coa seguridade de que se están a cumprir as medidas sanitarias de protección e de distancia social.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Obradoiros de Circo para nenos e nenas

Espectáculos

Obradoiros de Circo para nenos e nenas

Lugar: Parque de Bonaval - Santiago de Compostela

Fecha: 26 de Agosto de 2020

'As lembranzas de Carolina' [leer +]
As lembranzas de Carolina

Espectáculos

As lembranzas de Carolina

Lugar: Parque de Bonaval - Santiago de Compostela

Fecha: 25 de Agosto de 2020

'As lembranzas de Carolina' [leer +]