Espectáculos en A Coruña

A maxia da igualdade

0 votos
A maxia da igualdade
A maxia da igualdade

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal

Av. de Xoán XXIII, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
15 de Julio de 2020
Horario: 12:00

Espectáculo de maxia con David Méndez
Espectáculo onde, a través dunha escenificación versátil e áxil, a maxia convértese nunha ferramenta de fomento da igualdade, ao facilitar o desenvolvemento de factores dinámicos como a autoestima, a creatividade ou as habilidades sociais, que poden previr determinados comportamentos sociais. Non se trata dunha fórmula máxica senón dunha ferramenta máis de prevención.

Dirixido a público familiar.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.



En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Obradoiros de Circo para nenos e nenas

Espectáculos

Obradoiros de Circo para nenos e nenas

Lugar: Parque de Bonaval - Santiago de Compostela

Fecha: 26 de Agosto de 2020

'As lembranzas de Carolina' [leer +]
As lembranzas de Carolina

Espectáculos

As lembranzas de Carolina

Lugar: Parque de Bonaval - Santiago de Compostela

Fecha: 25 de Agosto de 2020

'As lembranzas de Carolina' [leer +]