Exposiciones en A Coruña

Luis Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane

0 votos
Luis Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane
Luis Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane

Museo de Belas Artes

Rua Zalaeta, s/n 15002 - A Coruña

Teléfono: 881 881 700
Web oficial
del 25 de Diciembre de 2019 al 8 de Marzo de 2020

Difusión da magnífica colección que posúe o Museo dun dos máis grandes artistas galegos e figura indiscutible das vangardas históricas do século XX
O Museo de Belas Artes da Coruña posúe unha importante colección de obras pertencentes a un dos máis grandes artistas galegos, representante das vangardas históricas do século XX e figura indiscutible do sentir cultural e político do exilio e a emigración galega en Bos Aires e América, o polifacético pintor Luis Seoane.

Ante a especial relevancia desta colección, e coincidindo co feito de que este ano a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das Artes Galegas á figura de Luís Seoane, o Museo quere dedicar unha gran exposición á vida e obra do citado autor, poñendo un especial acento na persoa de Maruxa Seoane, como promotora do importante legado, expoñendo a totalidade do mesmo.

Así, partindo das obras que integran a citada colección, onde se representa un amplo abano de temas, técnicas e estilos, o discurso expositivo pretende facer un achegamento á obra do pintor, desde principios dos 50 ata pouco antes do seu falecemento en 1979, ao longo de catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico:

- A muller galega, tanto na súa vertente de traballadora -desenvolvendo labores do campo ou a pesca-, como a emblemática, símbolo dunha Galicia mítica ou popular.

- A natureza e a paisaxe, visións panteístas do campo e do mar galegos tan estrañados desde o exilio.

- A guerra e a denuncia social, temática nada da súa visión pedagóxica e a súa postura de compromiso socio-político.

- Mitos, tradicións e lendas, con referencias a fantasías e contos populares, á simboloxía dos petróglifos, á arte celta e a unha Galicia medieval, temas todos eles que falan da existencia dun pasado cultural e unha iconografía propia.



A exposición incorpora unha sección introdutoria de carácter pedagóxico, onde se observan polo miúdo, baixo unha formulación didáctica, as distintas facetas desenvoltas ao longo da súa obra (pintor, gravador, ilustrador, cartelista, etc.), así como os procedementos e as técnicas empregadas. Con axuda de obras orixinais, vídeos, textos e maquetas nesta sección explícansenos as distintas técnicas de gravado empregadas (xilografía, serigrafía e litografía), a evolución estilística e formal das súas representacións ou a actividade despregada como deseñador gráfico, etc.

De forma paralela, está prevista a realización dun catálogo razoado que recollerá as fichas de inventario e as fotografías da colección íntegra.

Como actividade educativa complementaria á mostra, están programadas visitas guiadas a centros escolares, grupos e visitantes individuais, así como obradoiros de gravado onde se traballarán as técnicas empregadas por Seoane.

Historia do legado:

As obras foron legadas ao Museo a través da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes por vontade da súa viúva, Elvira Fernández (Maruxa Seoane) que dedicou o seu esforzo ao fomento, conservación, retorno e difusión en Galicia do legado do seu home. Dito legado componse de 42 óleos, 252 gravados soltos e en cartafoles, e 6 libros ilustrados.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Domus

Exposiciones

Domus

Lugar: Domus - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]
Casaciencias

Exposiciones

Casaciencias

Lugar: Casa de las Ciencias - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]