Exposiciones en A Coruña

Cinco vidas. Una historia

0 votos
Cinco vidas. Una historia
Cinco vidas. Una historia

Museo Arqueológico e Histórico Castillo de San Antón

Paseo Alcalde Francisco Vazquez, 2 A 15001 - A Coruña

Web oficial
del 1 de Julio al 6 de Septiembre de 2020

Exposición da investigación da metalurgia da Idade do Bronce.
O Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, expoñerá nas súas salas os resultados dunha investigación levada a cabo polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC que profunda na metalurgia da Idade do Bronce a través dunha exposición con pezas elaboradas fai tres mil anos.

Cinco vidas, unha historia. A metalurgia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela é o título da exposición que poderemos ver a partir do 3 de abril na Coruña, tras o seu paso por Santiago de Compostela, promovida polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, a través da cal se ofrece unha aproximación á metalurgia da Idade do Bronce Final (c. 1300-850 a.C.) na fachada atlántica europea. A exposición non só abre unha porta á Prehistoria, senón que tamén mostra que estas machadas de bronce posúen unha biografía recente que resulta, en moitas ocasións, igual ou máis reveladora. De feito, o título da mesma fai referencia ás cinco vidas polas que xa pasaron estes obxectos e que se inician coa elaboración dos mesmos e terminan cos últimos estudos realizados polo Incipit.

A exposición conta cun total de 22 pezas metálicas, na súa maioría machadas de bronce, en cuxos traballos de investigación e restauración participaron un equipo de expertos dirixido por Xosé-Lois Armada, investigador Ramón e Cajal do Incipit e comisario da exposición. Os obxectos pertencen ás antigas coleccións arqueolóxicas de Santiago da Iglesia, Federico Maciñeira e José Viqueira Barrio, que foron doadas á Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1927 e 1948 e que na actualidade forman parte da colección arqueolóxica da USC. Cabe destacar tamén a presenza dunha punta de lanza de gran tamaño, achada na parroquia de Deixebre (Oroso) e que conta con paralelos elaborados en Irlanda.

Ademais, móstrase interesante documentación inédita, negativos fotográficos en placa de vidro ou publicacións antigas que permiten coñecer a historia das devanditas coleccións e o seu proceso de incorporación na universidade. Tamén forma parte do discurso expositivo todo o proceso de investigación e restauración. Para a ocasión creáronse ademais modelos 3D, que permitirán unha detallada visualización de parte das pezas en computadores e dispositivos móbiles.

Tras a súa elaboración e uso fai uns 3.000 anos, os obxectos que se exhiben nesta mostra foron retirados da circulación e enterrados, formando acumulacións de metal, un fenómeno que abarca amplas áreas do continente europeo e cuxo significado aínda constitúe unha incógnita. De feito, as pezas foron recuperadas a finais do século XIX, a miúdo durante labores agrícolas e de forma casual. No caso concreto de Galicia, acháronse en diversos lugares das provincias da Coruña, Ourense e Lugo, concretamente nos termos municipais de Ortigueira, As Pontes, Verín ou Vilalba, entre outros. Finalmente, foron parar a mans de coleccionistas eruditos que, ao final das súas vidas, decidiron doar as súas coleccións á universidade, onde seguen sendo estudadas e hoxe forman parte do seu acervo patrimonial.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Domus

Exposiciones

Domus

Lugar: Domus - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]
Casaciencias

Exposiciones

Casaciencias

Lugar: Casa de las Ciencias - A Coruña

Fecha: Todo el año

El palacete del Parque de Santa [leer +]