Exposiciones en A Coruña

A biblioteca de Philip West

0 votos
A biblioteca de Philip West
A biblioteca de Philip West

Museo Granell

Praza do Toural,, 8 15705 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 22 de Agosto de 2018 al 31 de Enero de 2019

Exposición das curiosidades atopadas na biblioteca do pintor
A exposición A biblioteca de Philip West abre as portas á biblioteca persoal do pintor para amosar ao público as xoias ocultas entre as súas baldas, entre as que hai unha gran cantidade de obras dedicadas aos grandes surrealistas como Breton, Buñuel, Magritte ou Ernst, así coma unha selecta colección de revistas surrealistas.

A exposición parte da afectiva relación profesional e persoal entre o artista inglés e Eugenio Granell a través de correspondencia, fotografías ou dedicatorias. A mostra adentra ao público na obra do propio West, a través de publicacións nas revistas máis importantes da época coma Brumes Blondes, Transformaction ou Phases, para concluír coas importantes obras dalgúns dos seus amigos, pensadores e artistas referentes como Octavio Paz, Duchamp,Breton ou Ludwig Zeller, entre outros.

Philip West naceu na cidade de York, Inglaterra, no ano 1949. Estuda Belas Artes e Historia do Arte no seu país natal, e ao rematar os seus estudos no ano 1970 mergúllase de cheo no movemento surrealista da man do seu amigo e mentor John Lyle, director da revista Transformaction. Durante esta época a súa colaboración con revistas faise moito máis recorrente. No 1974 abandona Inglaterra para vivir na cidade da súa muller, Zaragoza, onde entra en contacto coa obra de Buñuel grazas ao seu biógrafo persoal, José Francisco Aranda. En 1978 trasládase a Venezuela, país que inflúe na súa produción artística e na súa concepción teórica da arte, aparecendo con forza o tema da metamorfose. O seu regreso definitivo á capital aragonesa prodúcese no ano 1980, momento no que establece unha forte amizade con Eugenio Granell, a quen decide doar a meirande parte da súa obra plástica e a súa extensa biblioteca surrealista. Falece en Zaragoza no ano 1997.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A maxia das matemáticas

Exposiciones

A maxia das matemáticas

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: Todo el año

Xa se pode visitar no Museo Centro [leer +]
Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra

Exposiciones

Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra

Lugar: Museo Centro Gaiás - Santiago de Compostela

Fecha: del 5 de Octubre de 2018 al 3 de Marzo de 2019

Xa se pode visitar no Museo Centro [leer +]

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de