Exposiciones en A Coruña

Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra

1 voto
Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra
Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra

Museo Centro Gaiás

Monte Gaiás, s/n 15707 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 5 de Octubre de 2018 al 3 de Marzo de 2019
Horario: De 10 a 20h

Xa se pode visitar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura Castelao maxistral, unha exposición que supón todo un fito xa que exhibe por vez primeira en Galicia a obra icónica 'A derradeira leición do mestre', considerada o 'Guernica galego'. Debuxada na Arxentina en 1945 polo artista de Rianxo, nunca antes tiña saído do Centro Galicia de Buenos Aires.

Trátase da primeira mostra en Galicia coa simbólica pintura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, A derradeira leición do mestre (1945), e elixiuse a Cidade da Cultura de Galicia como sede. Esta obra consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires, cidade na que foi realizada polo autor, e nunca ata agora tiña saído desta institución. A pintura, de dous metros de altura, baséase na estampa n.º 6 do libro Galicia mártir publicado por Castelao en 1937. O tema é o do mestre asasinado na Guerra Civil española ante uns nenos que se laian conmocionados. Unha escena tráxica chea de tristeza e denuncia. As descricións desta obra apuntaron o paralelismo entre o fusilamento do mestre e o do seu amigo, o intelectual Alexandre Bóveda, o 17 de agosto de 1936.

Castelao maxistral recolle este testemuño e contextualiza a situación do ensino en Galicia en tempos da República e incide na importante tarefa e o grande interese de Castelao a prol dunha educación en Galicia: libre, universal e en galego, da que foi un acérrimo defensor. Precisamente, débese salientar que Castelao maxistral é o primeiro proxecto expositivo que recolle todos os debuxos (40) que o artista de Rianxo lle dedicou ao ensino obrigatorio, que na época era ata os 9 anos de idade.

'A derradeira leición do mestre' está no centro dun relato expositivo co que se pretende homenaxear ao papel dos mestres e mestras de Galicia e ao importante labor que fixeron -nunha época (1900 -1936) de gran precariedade de medios no ensino e sen material pedagóxico- para intentar mudar esta situación e acadar unha maior alfabetización da poboación e, sobre todo, que as clases sociais máis desfavorecidas tiveran tamén acceso á educación, e en galego.

Deste xeito, este proxecto expositivo - comisariado polo historiador e vicepresidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane- céntrase, por unha banda, en recrear a situación do ensino en Galicia nesa época -principios do século XX ata 1936- e por outra, en pór en valor os avances que se realizaron grazas ao esforzo e implicación persoal enorme destes docentes para asentar as bases da educación pública tal e como hoxe a coñecemos, cunha transformación con ideas pedagóxicas renovadoras que se viu truncada co estoupido da Guerra Civil.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A maxia das matemáticas

Exposiciones

A maxia das matemáticas

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: Todo el año

Exposición das curiosidades atopadas [leer +]
A biblioteca de Philip West

Exposiciones

A biblioteca de Philip West

Lugar: Museo Granell - Santiago de Compostela

Fecha: del 22 de Agosto de 2018 al 31 de Enero de 2019

Exposición das curiosidades atopadas [leer +]

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de