Exposiciones en A Coruña

Camiñantes. Fotografías de Tino Martínez

0 votos
Camiñantes. Fotografías de Tino Martínez
Camiñantes. Fotografías de Tino Martínez

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Plaza de las Platerías, s/n 15500 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 1 al 31 de Octubre de 2018
Horario: Camiñantes. Fotografías de Tino Martínez

Fotografías do Camiño de Santiago e retratos-posados de peregrinos que fixeron o Camiño.
Na exposición recóllense un total de 40 fotografías, 18 en cor máis 22 en branco e negro. Realizadas en diapositiva 6x6 con equipos HASSELBLAD e positivadas en equipos Lambda. Todas a fotografías son inéditas e foron realizadas expresamente para este proxecto expositivo. O autor recolle nelas a súa visión sobre o Camiño de Santiago e sobre os camiñantes que o recorren. Ten dúas partes diferenciadas: por unha banda aquelas imaxes realizadas polo fotógrafo por mor dos seus percorridos polos distintos Camiños de Santiago, e na que plasma as distintas realidades que se foi atopando e que suscitaron a súa curiosidade, e doutra banda unha selección de retratos "pousados" de distintos peregrinos chegados a Santiago e que se acompañan por unha reflexión manuscrita de cada un dos personaxes retratados na que resumen a súa experiencia no Camiño.

Con esta exposición preténdese dar a coñecer un aspecto importante relacionado co fenómeno da peregrinación, en canto unha das funcións encomendadas ao museo e en relación co contido temático que lle corresponde. Ten un carácter documental e emotivo sobre aspectos cotiáns da peregrinación xacobea e un alto valor fotográfico dada a excelente calidade artística das fotografías que se expoñen.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A maxia das matemáticas

Exposiciones

A maxia das matemáticas

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: Todo el año

Autógrafos de pintores galegos [leer +]
As escrituras dos artistas

Exposiciones

As escrituras dos artistas

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 27 de Julio al 27 de Octubre de 2018

Autógrafos de pintores galegos [leer +]